Elementos de crítica literaria

Front Cover
Edicións Xerais de Galicia, 2004 - Literary Criticism - 692 pages
Este libro, coordinado polo profesor Arturo Casas, márcase o obxectivo de elaborar unha achega sistemática e cohesionada sobre a Crítica no marco xeral dos Estudos literarios. Para alcanzalo, comeza por delimitar a identidade da Crítica como disciplina e por dirimir o lugar e funcións que lle corresponden en tanto actividade social, cuestións tratadas no primeiro dos seus tres bloques, “Aspectos teóricos”. No segundo e no terceiro, “A Crítica e os xéneros” e “A Crítica e o espazo interartístico”, expóñense as claves analíticas de diversos métodos crítico-literarios e efectúanse aplicacións concretas dos seus operativos sobre os arquixéneros recoñecidos pola Poéticas clásicas ou modernas (narrativa, poesía, teatro e ensaio) e sobre diferentes clases textuais ou discursivas (o diálogo, a descrición, a narración ou a argumentación, entre outras). Tamén se revisan neses percorridos problemas tan relevantes como a experiencia da lectura, a ficcionalidade ou a propia noción de xénero e as súas posibilidades tipolóxicas. “Elementos de Crítica literaria” é un manual vinculado á ampla experiencia docente e investigadora do grupo de Teoría da literatura e Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela (TLLC-USC). Dos capítulos do libro responsabilizáronse especialistas en cada un dos sectores delimitados polo coordinador, de maneira que aos panoramas de conxunto puido sumarse en cada caso un pormenorizado estado da cuestión que presenta con rigor a tradición académica e asemade achega información moi precisa sobre o rico e complexo debate actual en torno ao feito literario e cultural. Son autores da obra: Anxo Abuín González, Silvia Alonso, Fernando Cabo Aseguinolaza, Arturo Casas, Iris Cochón Otero, César Domínguez, Antonio J. Gil, María do Cebreiro Rábade Villar, Ángeles Rodríguez Fontela, Norma Rodríguez González, Iria Sobrino Freire, Teresa Vilariño Picos e Darío Villanueva.

From inside the book

What people are saying - Write a review

We haven't found any reviews in the usual places.

Contents

O estatuto actual da crítica literaria
17
Lectura e acto crítico
39
Crítica e Historia literaria
79
Copyright

14 other sections not shown

Common terms and phrases

Bibliographic information