Teoría do caos

Front Cover
Grupo Anaya Comercial, 2001 - Fiction - 221 pages
Paco, o alcalde de Santorén, unha vila da Costa Morte, sofre un pesadelo pola morte do cabo Agapito, a quen atoparon na corredoira do monte coa cabeza desfeita por tres disparos. Nesa noite, Paco recordaba o que lle dixera Lucía, cando os dous eran militantes dun partido clandestino formado por a penas un cento de revolucionarios: “deixar de ser novo era cifrar as aspiracións dunha vida non en salvar a Patria, senón en chegar a alcalde dunha vila de segunda”. Podería ser certo, pero para este médico, dedicado á actividade política, a vida tampouco lle ía tan mal, despois de pasarse ao partido conservador e a pesar do permanente litixio que mantiña con Pousada, o alcalde de Mirandela, pola delimitación da extrema entre os dous concellos. Un conflicto que o desacougaba e ao que non era alleo, tampouco, o destino do Monte, ese faro de luz branca, o último paraíso que quedaba na comarca, onde teimaba en ubicar un vertedoiro para o tratamento dos residuos. Outro feito que o enfronta co seu propio fillo, Antonio “ O Roxo”, o inquedo estudiante de Físicas, o ecoloxista e líder da oposición veciñal contra o vertedoiro que propón un plan alternativo de reciclaxe integral. Ademais, Paco mantiña unha actividade secreta, a da escritura dunha colección de vidas paralelas, vidas de heroes que publica baixo o alcuño de Roi de Neisón na páxina web do Batallón Literario da Costa da Morte. Vidas como a de Roque Dalton, o comandante Che Guevara ou Rosa Luxemburgo. Paco, sen dúbida, agacha con esas vidas paralelas a súa loita na procura do paraíso. Teoría do caos é a novela de madurez de Marilar Aleixandre, unha das nosas máis importantes narradoras, coidadosamente construída en forma de traxedia clásica e estructurada sobre tres planos que se van intercalando. Novela ambiciosa e aberta propón aos lectores múltiples lecturas do enfrontamento dialéctico de dúas xeracións e a confrontación de formas de entender o xeito de conquistar o paraíso, de recuperar a levidade, de vivir a vida.

From inside the book

What people are saying - Write a review

We haven't found any reviews in the usual places.

Contents

Porta
13
o mel na boca do león
39
Teoría do caos
71
Copyright

6 other sections not shown

Other editions - View all

Common terms and phrases

Bibliographic information